Observacións |
Volume 19 da colección que Andrey Rodosskiy, Víctor Andreev, Daria Sinitsina, Vladimir Litus, María Tolstaya, Yuriy Shashkov e mais Elena Zernova (esta última coordinadora do volume e verdadeira alma mater da iniciativa) editan e traducen dende 1995.
A edición de Nimbos tomou como texto de partida en galego a edición testamentaria do poemario publicada en 1989 e coordinada por Luís González Tosar.
A versión rusa incorpora como apéndice final un apartado baixo o rótulo “Outros poemas” nos que se reproducen dúas composicións non incluídas en Nimbos; trátase de “O vento entre as canas” e mais “Revelación”, aquí tomadas da versión que recolleu a revista Dorna en xaneiro de 1991 como homenaxe ao autor tras o seu pasamento en outubro do ano anterior, aínda que ambas contaban con redaccións anteriores, algunha delas tamén publicada. |