Traducións
Título Memorias dunha vaca
Autoras/es Nome  Valentín Arias López
Publicacións  Behi Euskaldun Baten Memoriak
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela_LIX
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Indirecta
Ano  1998
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Encadernación rústica, 19x12 cm, 112 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-348-6304-9
Lugar de edición: editora, colección  Madrid: Ediciones SM, Col. O barco de vapor, Serie vermella,
Localización e signatura  BUSC B CC.EDUC. (Antigo EXB) 869 2165
Fonte  Viceversa//IACOBUS
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos   -Xesús Fernández Sulleiro, “Memorias dunha vaca”, Guía dos libros novos, nº 9, “Literatura xuvenil”, xullo-agosto 1999, p. 27. Valora positivamente a literatura escrita por Bernardo Atxaga ata o punto de considerala sinónimo de boa literatura. A marxinación é o futuro que prognostica para os creadores independentes afastados dos medios de comunicación e das actividades sociais. Achega unha serie de datos biobibliográficos de Atxaga e avalía de forma positiva esta traducción. Opina que o autor dende a visión dunha vaca, con destreza e precisión, salienta “as actividades, máis ou menos perigosas, das xentes, das montañas pirenaicas á comezos da posguerra española”. Alude á creación deste animal coma mera excusa para chama-la atención do lectorado. Pon de relevo o uso de continuos saltos temporais e espaciais ó longo do relato, o gusto por narra-los sucesos sen présa e detalladamente, o seu carácter intemporal, a incorporación de novos recursos literarios para fuxir dos esquemas tradicionais e habituais do conto, ademais da capacidade de vivir en dous tempos á vez. Remata facendo un paralelismo entre este autor e Manolo Rivas xa que os dous apostan pola “literatura feita na lingua nai” e para todo o mundo.
Premio(s)  
Observacións  
Ficheiros