Observacións |
Xograr Martin Codax é unha edición bilingüe onde, ao pé dos textos orixinais galegos, comparecen as súas translacións ao xaponés acompañadas de notas e comentarios do editor. O volume conta, así mesmo, cun limiar de Xesús Alonso Montero titulado “Sete poemas de amor escritos en galego do século XIII traducidos ó xaponés do século XXI”. A reprodución fotográfica do Pergamiño Vindel, unha introdución contextualizadora e analítica do propio Asaka, un selecto glosario galego medieval-xaponés actual e unha escolleita bibliografía crítica completan o apartado textual deste libro. A maiores, Xograr Martin Codax complétase coa inclusión dun CD estoxado no que Yuri Ensemble interpreta as sete cantigas de Martin Codax. |