Biografía |
Nacido en Toquio, Asaka imparte docencia na área de Filoloxía Románica da Universidade Tsudajuku, na capital nipoa. Está considerado un embaixador do galego no seu país: entrou en contacto coa cultura e a lingua de Galicia a finais dos anos setenta, mantivo correspondencia no seu día con significados galeguistas, como Ramón Piñeiro e Xaime Isla Couto, e publicou numerosos artigos e investigacións relacionadas co galego.
Na súa produción destacan os títulos Gramática do galego moderno (1993), Guía de conversación en galego (1994) e Vocabulario básico da lingua galega (1996). O autor da tradución ao xaponés de Cantares Gallegos participou tamén nos cursos de galego para estranxeiros que se imparten durante o verán na Universidade de Santiago de Compostela, organizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. |