Nome | Eva Mª |
---|---|
Apelidos | Almazán García |
Web | |
Biografía | Nada en Pontevedra en 1976, no ano 1998 licénciase en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo na combinación lingüística castelán/inglés/alemán. Decontado comeza a desenvolve-la súa actividade profesional en tres áreas afíns: teórica, comercial e mais editorial. Na faceta teórica completa os cursos de doutoramento en Tradución na Universidade de Vigo (bienio 1998-2000) cunha bolsa de investigación da Xunta de Galicia. Grazas a unha bolsa conxunta da Fundación Barrié de la Maza e mailo British Council obtén un Master of Philosophy en Pragmática e Tradución pola Universidade de Salford (Reino Unido) en 2002. Tamén en 2002 completa o Certificado de Aptitude Pedagóxica na especialidade de Lingua Estranxeira (inglés) pola Universidade de Santiago de Compostela. Como tradutora comercial comeza a exercer por conta propia dende 1998, traballando no campo da tradución xeral e técnica; a partir de 1999 exerce tamén como tradutora xurada, dende o momento en que obtén o nomeamento de Intérprete Jurada de inglés polo Ministerio de Asuntos Exteriores de España. En 2002 cofunda a empresa Rosetta Tradución, onde desenvolve labores de tradutora e coordinadora de proxectos entre 2003 e 2007. Dende 2007 traballa por conta propia, especializada exclusivamente na tradución de materiais editoriais –literatura, ensaio, texto académico e divulgación– tanto para o galego coma para o castelán. Na vertente galega destaca por contribuír á profesionalización da tradución no sistema literario galaico dándolles voz a autores contemporáneos como Paul Auster ou Martin Amis, clásicos como Joseph Conrad ou Edgar Allan Poe, premios nobel como Doris Lessing ou supervendas como Dan Brown ou J. K. Rowling, acumulando un importante currículo de autores e títulos traducidos. Este seu labor tense distinguido con galardóns tales como o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura de España (2014), o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2007 e 2014), o premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (2014), o premio Lois Tobío da Asociación Galega de Editores (2009 e 2014), o premio Fervenzas Literarias (2014), a inclusión na Lista de Honra do IBBY na categoría de tradución (2006) ou o premio de Tradución da Universidade de Vigo (2004), entre outros. Na vertente castelá destaca o seu labor como tradutora dende 2009 da edición española da revista National Geographic, a publicación de divulgación científica máis importante do mundo. |
Observacións |
Listaxe Monografías
Título | Xénero | Lingua | Ano |
Listaxe Traducións
Título | Xénero | Lingua | Ano |
O asasino que hai en min | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2012 |
A casa dos encontros | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2006 |
A conxura dos necios | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2008 |
A estrada | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2010 |
A Galicia antillana : formación e destrución da identidade galega en Cuba, 1899-1968 | NON-FIC_Ensaio | Galego - glg | 2008 |
A Mennulara | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2005 |
A vida interior de Martin Frost | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2007 |
A viúva preñada | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2010 |
Anxos e demos | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2005 |
Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2011 |
Artur e Clementina | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 2012 |
Arturo e Clementina | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 2012 |
As dúas culturas | Outros | Galego - glg | 2009 |
Brooklyn Follies | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2006 |
C | LIT_Narrativa_Relatos | Galego - glg | 2011 |
Contos completos | LIT_Narrativa_Relatos_LIX | Galego - glg | 2010 |
Contos completos II | LIT_Narrativa_Contos | Galego - glg | 2009 |
Contos completos III | LIT_Narrativa_Relatos | Galego - glg | 2010 |
Cruceiro de verán | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2006 |
Da beleza | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2008 |
Dez negriños | LIT_Narrativa_Novela_LIX | Galego - glg | 2003 |
Diario de inverno | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2012 |
Emil e os detectives | LIT_Narrativa_Novela_LIX | Galego - glg | 2022 |
Harry Potter e a cámara dos segredos | LIT_Narrativa_Novela_LIX | Galego - glg | 2002 |
Harry Potter e o cáliz de fogo | LIT_Narrativa_Novela_LIX | Galego - glg | 2005 |
Harry Potter e o preso de Azkabán | LIT_Narrativa_Novela_LIX | Galego - glg | 2004 |
Instrumental | NON-FIC_Ensaio | Galego - glg | 2020 |
Invisible | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2009 |
Mexillóns para cear | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2010 |
Non me deixes nunca | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2007 |
O ano do pensamento máxico | NON-FIC_Crónica | Galego - glg | 2022 |
O caderno dourado | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2009 |
O can dos Baskerville | LIT_Narrativa_Novela_LIX | Galego - glg | 2014 |
O castelo branco | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2007 |
O código da Vinci | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2004 |
O corazón do negror | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2009 |
O diario de Greg 1. Un chaíñas total | LIT_Narrativa_Novela_LIX | Galego - glg | 2019 |
O diario de Greg: toma desfeita | LIT_Narrativa_Novela_LIX | Galego - glg | 2019 |
O escaravello de ouro; Os crimes da rúa Morgue | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 2012 |
O pensador entra en acción | LIT_Narrativa_Novela_LIX | Galego - glg | 2022 |
O signo dos catro | LIT_Narrativa_Novela_LIX | Galego - glg | 2014 |
O símbolo perdido | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2009 |
Olladas | NON-FIC_Divulgación_LIX | Galego - glg | 2008 |
Os caloteiros | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2013 |
Os contos de terror do tío Montague | LIT_Narrativa_Relatos_LIX | Galego - glg | 2015 |
Pan con xamón | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2009 |
POB. 1280 | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2012 |
Sunset Park | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2010 |
Tantos cabaliños lindos | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2013 |
Ulises | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2013 |
Un home na escuridade | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2008 |
Viaxes no scriptorium | LIT_Narrativa_Novela | Galego - glg | 2007 |
[A] Coraxe: poemas audaces para rapazas afoutas | LIT_Poesía_LIX | Galego - glg | 2020 |
[Premio 2004 de relato, poesía e traducción da Universidad de Vigo] | LIT_Narrativa_Relatos | Galego - glg | 2004 |