Textos críticos |
Xoán Villar, “Medo e razón”, O Correo Galego, “Revista das Letras”, nº 290, 25 novembro 1999, p. 7.
Breve referencia á traducción ó galego da obra de Howard Phillips Lovecraft, Relatos de terror, publicada por
Edicións Xerais de Galicia na colección “Xabarín”. A novela, verquida ó galego por Anxos R. Romero Louro,
conta cunha introducción do escritor Agustín Fernández Paz. Así mesmo, cítanse algúns dos relatos que
conforman o libro; entre outros, “A tumba”, “O can”, “A cerimonia” ou “El”.
Estro Montaña, “Un clásico dos relatos de terror”, Guía dos libros novos, nº 13, “Narrativa”, decembro
1999,
22.
Faise unha conexión entre esta obra e as da época de esplendor da novela de terror na Inglaterra do século
XVIII, salientando autores deste xénero como Horace Walpole, E. A. Poe ou Bram Stoker, da liña na que se
atopa Lovecraft, pasando a falar dos seus relatos dos que se destaca que non son contos tradicionais de terror,
senón contos “materialistas de terror”, caracterizados polo simbolismo do inconsciente. Tamén se sinalan algúns
dos moitos autores galegos que cultivaron este xénero, entre eles, Heraclio Pérez Placer, Vicente Risco, Otero
Pedrayo, X. L. Méndez Ferrín ou Agustín Fernández Paz. |