Traducións
Título Historia de dous amantes
Autoras/es Nome  Alfonso Blanco
Publicacións  Duobus amantibus historia
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2022
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  22 cm, 107 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-17388-88-1
Lugar de edición: editora, colección  Cangas do Morrazo: Rinoceronte, Col. Vétera, 48
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 PIC duo
Fonte  BUV, web editora
Soporte  Papel
Introdución e notas  Tradución do latín, introdución e notas de Alfonso Blanco.
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Resumo: "O motivo de escribir o relato é compracer unha petición que lle fixera o seu amigo Mariano Sozzini: narrar unha historia de amor, ficticia ou real. Piccolomini confesa que optou pola segunda posibilidade: vai contar a historia dos amores adúlteros entre un home do séquito do emperador Sexismundo, chamado Euríalo, e unha muller casada, de nome Lucrecia. Indica tamén que se vai basear nunha relación amorosa que Kaspar Schlick, a quen vai dedicada a obra, tivo durante unha estadía en Siena. Con isto o autor inscríbese nun uso narrativo típico da Idade Media, que chegou ata o Renacemento e mesmo ata os nosos días: asegurar ao lector que o que se vai contar é un feito verídico. Un dos escritores que se valeu desta declaración de verosimilitude nos seus relatos foi Giovanni Boccaccio (1313-1375), en cuxo Decamerón identificamos un dos espellos no que Piccolomini se mirou á hora de compoñer a súa Historia. Enea Silvio Piccolomini era un home que coñecía moi ben a literatura clásica, en particular a latina. Foi un ávido lector de Virxilio, Cicerón e Ovidio. Na Historia de dous amantes foi espallando varias das súas referencias literarias clásicas, coa idea de que o lector culto gozase dun tecido narrativo que case poderiamos cualificar de hipertextual." (Extraído de: https://rinoceronte.gal/produto/historia-de-dous-amantes/, data de consulta: 28/02/2025.)
Ficheiros