Textos críticos |
-Xosé Manuel Freire, “Unha novela de conciencia”, Guía dos libros novos, nº 9, “Narrativa”, xullo-agosto 1999, p.
23.
Despois de facilitar uns datos bibliográficos de Burgess, indícase que co título deste volume, desvélase a
temática desenvolvida nel e provócase o posicionamento do lector, antes de dar comezo á súa lectura.
Detecta unha linguaxe directa, sen adornos e subterfuxios, case sen descricións e fuxindo do apoucamento ó
trata-lo tema da droga coa fin de que o lector se sinta parte dela. Enumera os temas secundarios (problemas
familiares, a violencia doméstica ou o alcoholismo) que xiran ó redor do eixe central, o mundo das drogas, e
cualifica de realismo ferinte a forma de conta-las situacións e sentimentos que rodean ese estilo de vida.
Considéraa unha novela de conciencia, comprometida e esperanzadora sobre as relacións humanas e os
sentimentos, na que se presenta a transformación da realidade en dez realidades diferentes, unha por cada
personaxe, ademais da heroína como dona da personalidade de todos eles. Finaliza coa reflexión dun dos
personaxes da historia para constatar que non é unha obra de fácil lectura nin de entretemento. |