Traducións
Título As iluminacións
Autoras/es Nome  Oriana Méndez
 Tamara Andrés
Publicacións  Iluminations
Ilustracións  Miguel Galano
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2023
Edición  bilingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Capa branda, 14,5 x 21 cm, 128 p.
Obra completa, Antoloxía  obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-19213-46-4
Lugar de edición: editora, colección  Pontevedra: Kalandraka, Col. Tambo
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 RIM ill
Fonte  
Soporte  
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  O territorio da exploración dos abismos gañado por Rimbaud para a poesía márcano dúas mouteiras: 1873 e 1886. No primeiro deses anos saíu "Une saison en enfer". Un disparo co que Verlaine lle acertou nunha man selara xa a ruptura definitiva entre ambos, e a nai do autor pagou a factura dunha imprenta de Bruxelas, que despacharía cincocentos exemplares. O outro ano de referencia, 1886, é o da publicación de "Les Illuminations", escritas tamén no tempo da montaña rusa afectiva con Verlaine, que é quen esa vez se fixo cargo dunha edición de dous centos de copias. Rimbaud, afeito a que os sitios que ocupa o expulsen («como se tivesen mans», dixo Jacques Rivière), está daquela en Harar e a súa obra non obtén un eco inmediato, porque a súa é unha alma soa no tempo, pero lanza unhas sementes que, no futuro, abrollarán nos textos dos seus netos surrealistas e dos bisnetos da "Beat Generation". Anxo e demo, nega por un igual os valores revolucionarios e os burgueses, e a posteridade encargarase de outorgarlle resplandores novos aos lóstregos da súa cólera; traducidos agora para o galego por Tamara Andrés e Oriana Méndez, con admiración e esmero.
Ficheiros