Textos críticos |
Blanco Rivas, “Unha metáfora da opresión”, Faro de Vigo, “El Sábado”, nº 2,
16 febreiro 1997, p. 5.
Comenta a versión galega da novela Manso (1996), de Manuel Lueiro Rey en traducción de María
Xesús Vidal Alves. Logo de achegarnos algúns datos biográficos do autor, comenta os problemas
coa censura dende que en 1996 conseguise o Premio Cidade de Oviedo. Repasa a trama,
salienta a minuciosidade do escritor así como o especial tratamento dos personaxes e o seu
carácter social e afirma ademais que Manso é a mellor novela de Lueiro Rey, cualifícaa como
“metáfora da opresión” e alude ó seu desexo, manifestado antes de morrer, de que a súa novela
aparecese na versión galega.
Castro, Xavier R.,“O paradigma dun tempo”, El Correo Gallego, “Edición 7”, 8 xuño 1997,
p. VII.
Ó resumo da traxectoria literaria de Manuel Lueiro Rey en galego, séguelle unha recensión de
Manso (1996), en traducción ó galego de María Xesús Vidal Alves. O comentario céntrase en
desentraña-la importancia do cabalo protagonista da obra. Recolle ademais a opinión do profesor
Alonso Montero no prólogo de Manso. |