Traducións
Título As aventuras de Arthur Gordon Pym
Autoras/es Nome  Alberto Avendaño
Publicacións  The narrative of Arthur Gordon Pym of Nantucket
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela_LIX
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  1997
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Encadernación rústica, 19x14 cm, 216 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-8302-123-4
Lugar de edición: editora, colección  Vigo: Edicións Xerais, Col. Xabarín, nº 53.
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 POE nar
Fonte  Viceversa//LIX
Soporte  Papel
Introdución e notas  Introducion e trad. Alberto Avendaño
Textos críticos   Alberto Avendaño traduce e presenta a que foi “a única novela de Poe” (Boston, 1809-Baltimore, 1848). Nunha breve introducción fálanos do autor e das circunstancias que envolveron o nacemento da obra e do propio labor de traducción. Di que se trata dunha novela escrita “na época en que estaban en voga as expedicións”, materializadas “en crónicas de viaxes”, trascende “a súa materialidade para converterse nun feito espiritual, nunha loita do home contra o imposible ou contra si mesmo”. Á investigación uníronse “elementos autobiográficos” que reforzaron o “verismo da historia”. A obra consta de vintecinco capítulos, precedidos dun limiar do autor sobre a creación da narración e unha nota final onde Poe fai aclaracións sobre a “perda dos dous ou tres capítulos finais”. Arthur Gordon Pym narra en primeira persoa as súas aventuras. Impresionado polos relatos da vida mariñeira embarca a escondidas no Grampus, baleeiro capitaneado polo pai do seu amigo August Barnard. Pero por unha rebelión Artur vese compartindo viaxe cun grupo de amotinados, defendido só polo contramaestre Dick Peters. Unha tempestade provoca o naufraxio do barco e Arthur e Peters son recollidos polo Jane Gay, de viaxe ó Mar Antártico e ó Polo Sur. Desembarcan na illa de Tsalal onde sufrirán unha terrible masacre. Arthur e Peters enfrontaranse, na loita pola supervivencia, a innumerables aventuras.
Premio(s)  Premio internacional de Tradución pola tradución ó galego da novela de E.A. Poe. Arthur Gordon Pym.
Observacións  
Ficheiros