Textos críticos |
-F. Martínez Bouzas, “Perforar a escuridade”, O Correo Galego, “Revista das Letras”, nº 167, 10 xullo 1997,
p. 9. Fai un resumo argumental desta traducción e reflexiona acerca do tratamento da aventura. Salienta a
transcendencia deste título por “mergullarse nas zonas máis profundas e tenebrosas da condición humana”.
Louva a sensibilidade lingüística do traballo traductor de M. Outeiriño e valora positivamente a
interpretación que ofrece do conxunto da obra conradiana.
-Miguel Anxo Seixas, “A escuridade do corazón”, O Correo Galego, “A maltrana”, 9 xuño 1997, p. 3.
Comeza dando conta da traducción de poemas do catalán Gabriel Ferrater a cargo de Manuel Outeiriño no
número 29 da revista A Trabe de Ouro e comenta as colaboracións anteriores de Outeiriño nesta
publicación. A seguir, céntrase na versión galega do relato Corazón da escuridade, de Joseph Conrad,
unha obra na que o traductor “achéganos coas súas palabras a ese mar de sombras (...) dos que navegan”.
Resume o argumento da obra e salienta que está verquida ó galego directamente do orixinal inglés de
1902. |