Traducións
Título [A] Un bosque novo: antoloxía de poesía gaélica contemporánea
Autoras/es Nome   sen mención
Publicacións  [A] Un bosque novo: antoloxía de poesía gaélica contemporánea
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2015
Edición  bilingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas   20x13 cm, 121 pp.
Obra completa, Antoloxía  Antoloxía.
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-942103-8-9
Lugar de edición: editora, colección  A Coruña: Editorial Trifolium, Col. Musa pedestris
Localización e signatura  
Fonte  
Soporte  
Introdución e notas  Prefacio Manuela Palacios González
Textos críticos  - Santiago Jaureguizar, “Un piano de cola que sobrevoou a cidade”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Cidade xardín”, 14 xuño 2015, p. 76. - H. J. P., “Un bosque novo. Antoloxía de poesía gaélica contemporánea”, La Voz de Galicia, “Cultura”, “Para ler”, 15 xuño 2015, p. 23.
Premio(s)  
Observacións  Poemas en gaélico irlandés e tradución ao galego. Antoloxía realizada por Carme Rodríguez Alonso onde se inclúen poemas da tradición poética contemporánea irlandesa. As composicións están dispoñibles na súa versión orixinal (gaélico) e van acompañadas dunha tradución á lingua galega realizada por Carme Rodríguez Alonso. Principia a antoloxía cunha dedicatoria que versa “Á miña amiga Isabel Presedo Vázquez”. De seguido, ábrese o volume cun prefacio de Manuela Palacios González que comeza referíndose á Xeración Nós, e ao interese que esta mostrou pola literatura irlandesa escrita en inglés, mais non na escrita en gaélico. Engádese que as traducións desta antoloxía “son un paso importante e pioneiro para corrixir un desequilibrio no noso sistema de recepción literaria”. A seguir, na introdución, Carme Rodríguez Alonso sinala que pretende “contribuír e afondar nos vencellos lingüísticos, culturais e sociolóxicos que Galicia e Irlanda, en certa medida, comparten”. Engade que, en Galicia, foron autores como Murguía, Pondal ou o grupo ‘A Cova céltica’ algúns dos que mostraron interese pola cultura e literatura irlandesas. Ademais, realiza unha breve achega á figura dos autores escollidos para conformar a antoloxía e do campo literario no cal se sitúan: Máirtín Ó Direáin (1910-1988), Seán Ó Ríordáin (1917-1977), Máire Mhac An Tsaoi (1922), Pearse Hutchinson (1927-2012), Mícheál Ó Hairtnéide (1941-1999), Caitlín Maude (1941-1982), Gabriel Rosenstock (1949), Liam Ó Muirthile (1950), Michael Davitt (1950-2005), Nuala Ní Dhomhnaill (1952), Cathal Ó Searcaigh (1956), Louis De Paor (1961) e Celia De Fréine (1948). Finaliza a introdución afirmando que esta antoloxía “nin pode nin pretende dar unha visión exhaustiva [...]. Este traballo tenta ser unha achega a través da tradución ao intercambio e ao diálogo entre dúas culturas [...].” Péchase o libro cunha nota de agradecementos a Xabier Cordal, Manuela Palacios, Armando Requeixo, Alberto Gómez Creo, Isabel Presedo Vázquez, Pádraig Ó Domhnallái, David Barnwell, Mícheál Ó Conghaile, Isabel Nic an Fhaillí, Mónica Ó Reilly-Vázquez, Pillar Garrido, Victoria Pazos, José Carlos García-Sacristán e Manuel Rodríguez Alonso.
Ficheiros