Traducións
Título O alquimista
Autoras/es Nome  Ana Belén Costas Vila
 Eva Lozano Carpente
Publicacións  O alquimista
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela_LIX
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  1998
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Encadernación rústica, 21x14 cm, p.198
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-8288-215-5
Lugar de edición: editora, colección  Vigo: Editorial Galaxia, Col. Costa Oeste, nº 15
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 COE alq
Fonte  Libro propio
Soporte  papel
Introdución e notas  
Textos críticos   “Paulo Coelho vai publicar en galego 'O Alquimista”, O Correo Galego, 21 xullo 1997, p. 36. Informa da inminente traducción e publicación en lingua galega da obra O alquimista, do escritor brasileiro Paulo Coelho, segundo anunciou o seu propio autor, quen tamén expresou o desexo de que sexa traducida a esta lingua a súa obra máis coñecida: Diario dun meigo. Ademais dá conta do número de vendas das súas obras e do contrato millonario asinado cunha editorial para a publicRecensións: -M. Blanco Rivas, “Unha fábula transparente sobre o ser humano”, Faro de Vigo, “El Sábado”, nº 69, 22 agosto 1998, p. 2. Presenta a novela aludindo á súa boa acollida e comenta que esta obra se achega a esa literatura de viaxes iniciáticas. Remata ofrecendo unha serie de notas biobibliográficas deste escritor brasileiro. -F. Martínez Bouzas, “O alquimista”, O Correo Galego, “Revista das Letras, Artes e Ciencias”, nº 32, 22 outubro 1998, p. 6. Comeza felicitando á Editorial Galaxia pola publicación, en galego, desta obra de Paulo Coello, “á par que en español”, e comentando a importancia de que os clásicos sexan traducidos á nosa lingua. Fala despois do grande éxito internacional de O alquimista e indica “os alicerces filosóficos” do libro. Inclúe tamén as súas claves temáticas —reflexións sobre a condición humana, a gran fortuna do amor, consideracións sobre os horizontes utópicos da nosa existencia, etc.— e os destinatarios da obra.ación das súas obras froito de ser un dos escritores máis lidos en varios países do mundo. Referencias varias: -Xavier Alcalá, “A Paulo Coelho (Río de Janeiro)”, Galicia en el mundo, “Cartas aos amigos”, 24-30 agosto 1999, p. 2. Establece un diálogo a xeito de carta con Paulo Coelho con motivo da traducción ó galego de O alquimista e da futura versión galega de Diario dun mago. O peregrino a Compostela, facéndoo partícipe das ideas dos profesores Manuel Rodriguez Lapa, Ernesto Guerra da Cal e Carvallo Calero respecto ó galego e ó mundo da lusofonía. Conclúe agradecéndolle a mensaxe da súas obras.
Premio(s)  
Observacións  2.ª edición 1999 (exemplar na Fundación penzol (Vigo) A obra orixinal O alquimista publicada no ano 1988 por unha pequena editora brasileira. só conseguiu vender 900 exemplares. Hai unha nova edición de 2009
Ficheiros