Textos críticos |
-Vicente Araguas, “Metáfora e modernidade”, O Correo Galego, “Revista das Letras”, nº 115, 4 xullo 1996,
p. 6. Comeza este artigo presentando a Vicenç Llorca como “poeta fondo e reflexivo” que arroupa “o verso
con linguaxe posmoderna”. Sinálase a continuación que a súa obra O entusiasmo reflexivo, traducida ó
galego por Fernán Vello, ve a luz no noso idioma antes mesmo da súa publicación na versión orixinal en
catalán. Segue a este comentario unha breve análise da estructura e do contido da obra citada.
-M. R., “O galano do presidente Jordi Pujol a Manuel Fraga”, La Voz de Galicia, “Revista de Cultura”, 25
xullo 1996, p. 6. Conxunto de cinco ensaios nos que o autor desentraña, segundo se manifesta, dende un
coñecemento profundo da estética e da poética, o fenómeno da creación literaria posto en relación coa
filosofía e coa ciencia. Feito polo secretario da Associació d’ Escriptors en Llengua Catalana foi traducido
ó galego por Miguel Anxo Fernán-Vello.
|