Traducións
Título Diario íntimo
Autoras/es Nome  Antonio Pichel Lorenzo
Publicacións  Journal intime
Ilustracións  
Xénero  NON-FIC_Ensaio
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  1996
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Encadernación rústica, 21x14 cm, 153 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-87847-73-0
Lugar de edición: editora, colección  Santiago: Editorial Laiovento, Col. Narrativa, nº 74
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 SAN jou
Fonte  Viceversa
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos   -M. Q. S., “Un diario íntimo”, El Correo Gallego, “Edición 7”, 13 outubro 1996, p. 7. A obra literaria da baronesa de Dudevant, apunta o crítico, sufriu dalgún xeito as consecuencias da moral formalista que dominaba os tres primeiros cuartos do dezanove. Esta obra foi incapaz de provocar na crítica unha lectura próxima ó seu verdadeiro contido, sinala Quintáns, polo que aínda posúe un efecto de sorpresa para o lector de hoxe, ó descubri-lo seu pensamento rebelde, as ideas e preocupacións sociopolíticas dunha verdadeira adiantada da loita pola igualdade entre ambos sexos. F. Martínez Bouzas, “Bradar penas”, O Correo Galego, “Revista das Letras”, nº 136, 5 decembro 1996, 6. O que o lector atopará nesta amálgama de escritos íntimos, comenta Martínez Bouzas, é o ideal do amor romántico, unha paixón eterna e exclusiva, sempre deturpada e abaixada ó prosaísmo do fastío cotián polas normas sociais. Compara, por outro lado, a George Sand con Rosalía, xa que non aceptou ser unha resignada esposa tradicional, sendo a súa vida unha permanente provocación contra o sistema establecido, contras as súas guías e convencionalismos. Engade que a escritora testemuña os dereitos das mulleres a teren sensacións e experiencias vitais intensas, incendios pasionais e nomeadamente a independencia e un pensamento forte.
Premio(s)  
Observacións  
Ficheiros