Traducións
Título O lobo guerrilleiro
Autoras/es Nome  Moncha Fuentes Arias
Publicacións  O lobo guerrilheiro
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  1996
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Encadernación rústica, 21x13 cm, 336 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-8302-038-6; 978-84-8302-038-8
Lugar de edición: editora, colección  Vigo: Edicións Xerais, Col. Narrativa
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 CRU lob
Fonte  Llibro propio
Soporte  papel
Introdución e notas   Notas do autor, páxs. 321-329.
Textos críticos   -Fernando Ramos, “Portugués e galego”, El Correo Gallego, 7 novembro 1996, p. 2. Comenta que a Primeira Feira do Libro Portugués e Galego, inaugurada en Vigo, axuda a fomenta-la cooperación que enriquece a ámbolas dúas culturas irmás. Entre os actos que se celebraron durante a Feira, salienta a presentación do libro O lobo guerrilheiro (1996), de Bento da Cruz, no que interviron Méndez Ferrín e o xornalista lusitano Viale Moutinho. -Pablos, “Presentada la traducción gallega de una novela de Bento da Cruz”, Faro de Vigo, 30 novembro 1996, p. 48. Informa do acto de presentación de O lobo guerrilleiro, traducción galega feita por Moncha Fuentes. O artigo recolle as palabras dirixidas por Méndez Ferrín a Bento da Cruz, autor da obra. O director de Xerais, Manuel Bragado, anuncia unha colaboración máis estreita co país veciño para dar a coñecer máis obras portuguesas en Galicia. -Pablos, “Bento da Cruz. Mis libros testimonian un Portugal que ha desaparecido”, Faro de Vigo, 1 decembro 1996, p. 17. Pon de manifesto o entrevistado que no Estado español non se ten unha idea moi clara da literatura portuguesa actual. A respecto do seu último título, O lobo guerrilleiro (1996) di que a crítica teno sinalado como a súa mellor obra, aínda que el discrepa desta opinión. A respecto da xeografía imaxinaria de Gostofrío, creada por el, di que é Barroso, a súa aldea, unha terra fría e moi rural. Di que quen máis lle interesa é Camilo Castelo Branco, aínda que recoñece tamén o seu interese por Aquilino Ribeiro. Alberte, Xoán Carlos D., “A historia dun personaxe e do pobo barrosán”, El Correo Gallego, “Edición 7”, 16 marzo 1997, p. VIII. Coméntase a traducción ó galego de Bento da Cruz, O lobo guerrilleiro (1996), realizada por Moncha Fuentes Arias e publicada por Edicións Xerais de Galicia. Dise da obra que ofrece unha “sensación de viveza” e danse pinceladas sobre a súa linguaxe e argumento, sinalando que se trata da historia biografada dun personaxe e do pobo barrosán trala chegada da guerra civil a Galicia, acontecemento que lles fará repudia-lo fanatismo e ama-la liberdade.
Premio(s)  
Observacións  
Ficheiros