Traducións
Título A caza do carbairán
Autoras/es Nome  María Pilar Jiménez Aleixandre
Publicacións  The hunting of the snark
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía_LIX
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  1995
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  
Obra completa, Antoloxía  82 p.
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-7507-954-7
Lugar de edición: editora, colección  Vigo: Ed. Xerais de Galicia, col. Xabarín, 51
Localización e signatura  Biblioteca da UVigo, FFT 82-93 CAR hun
Fonte  Viceversa/ISBN
Soporte  Papel
Introdución e notas  Introd., trad. e notas María Pilar J. Aleixandre
Textos críticos   F. Martínez Bouzas, “Avesío Carbairán”, O Correo Galego, “Revista das Letras”, nº 113, 20 xuño 1996, Comeza dicindo que é este un libro inesperado e sorprendente, unha “sorte de poema épico do absurdo imaxinario inexistente”. Logo recorda que os textos de Carroll son literatura en estado puro, “un triunfo da imaxinación onde non faltan os valores alegóricos e morais”. Gaba o labor da traductora, Marilar Aleixandre, que “interpreta e recrea en clave enxebre o tecido léxico e interpretativo do texto”. -Carlos L. Bernárdez, “Lewis Carroll á caza da imaxinación”, Faro de Vigo, “Faro das Letras”, nº CXXXI, 7 setembro 1996, p. 3. Carlos L. Bernárdez analiza en primeiro lugar o tipo de composición de que se trata (“un poema do absurdo”). A continuación céntrase na traducción, da que afirma que deu como resultado “un texto fermoso e intelixíbel”. Por último, comenta as ilustracións de Henry Holiday e considera que enriquecen a obra.
Premio(s)  Lista de Honra (traducións) do IBBY, 1997
Observacións  
Ficheiros