Título |
Os papeis de Aspern |
Autoras/es Nome |
Manuel Outeiriño Gallego
|
Publicacións |
The Aspern Papers
|
Ilustracións |
|
Xénero |
LIT_Narrativa_Novela |
Lingua |
Galego - glg |
Direccionalidade |
Sen mención |
Ano |
1995 |
Edición |
monolingüe |
Formato, volume, fascículo, número, páxinas |
XXIII, 128 p ; 21 cm |
Obra completa, Antoloxía |
|
Tipo de edición |
1ª edición |
ISBN |
8478242473 |
Lugar de edición: editora, colección |
Santiago de Compostela: Editorial Sotelo Blanco, Col. Biblio |
Localización e signatura |
BUV, FFT 869.9=03 JAM asp |
Fonte |
Viceversa |
Soporte |
Papel |
Introdución e notas |
|
Textos críticos |
R. G., “Henry James busca os papeis de amor de Aspern”, La Voz de Galicia,
“Revista de Cultura”, ano I, nº 48, 25 xaneiro 1996, p. 6.
Comentario sobre o libro de Henry James, Os papeis de Aspern (1995), traducido por Manuel
Outeriño, no que se alude ó dilema moral que o argumento suscita no narrador da historia, que
marchara a Venecia en busca da correspondencia inédita de Aspern, o seu admirado poeta
romántico. |
Premio(s) |
|
Observacións |
Novella. A persecución das cartas de amor do poeta Jeffrey Aspern artella este relato de H. James (Nova York, 1843-Londres, 1916), inspirado nun episodio da vida de Shelley. No espacio escollido para os feitos, Venecia, no que se respira certo romanticismo, o narrador e protagonista leva o desexo de consegui-los documentos ata os límites da obsesión e o ideal da súa ambición, por mor da paixón que sente pola vida de Aspern. Miss Bordereau, a amante noutrora, oculta as confesións amorosas do poeta, mesmo no momento da súa morte, e impón na súa sobriña Miss Tina, o peso terrible de ter que decidir se as revela ou non. Os papeis convértense deste xeito en protagonistas principais e no motivo fundamental da trama. |
Ficheiros |
|