Título |
Comedia. Un xoguete para Goldoni |
Autoras/es Nome |
Cándido Pazó González
|
Publicacións |
Commedia
|
Ilustracións |
|
Xénero |
LIT_Teatro |
Lingua |
Galego - glg |
Direccionalidade |
Directa |
Ano |
1995 |
Edición |
monolingüe |
Formato, volume, fascículo, número, páxinas |
70 pp., 21 cm |
Obra completa, Antoloxía |
Obra completa. |
Tipo de edición |
1ª edición |
ISBN |
84-7507-955-5 (Xerais) e 84-453-1415-7 (Xunta) |
Lugar de edición: editora, colección |
Vigo: Xerais |
Localización e signatura |
BUV Filoloxía/Traducción FFT 869.9=03 GOL com |
Fonte |
Viceversa//PERSEO |
Soporte |
Papel |
Introdución e notas |
|
Textos críticos |
______, “Os libros do Centro Dramático Galego”, Faro de Vigo, “Faro das
Letras”, nº CXVIII, 16 marzo 1996, p. 2.
Coméntanse as tres entregas da colección do Centro Dramático Galego editadas en 1995 por
Xerais. A primeira As vodas de Fígaro, de Pierre Augustin Caron de Beaumarchais, foi traducida
por Eduardo Alonso e Cándido Pazó e levada a escena, en 1994, por Teatro do Noroeste. A
segunda, Commedia. Un xoguete para Goldoni, foi estreada por Ollomoltranvía e publicouse
conxuntamente con Anel máxico. Finalmente coméntase Lugar, de Raúl Dans, obra gañadora do
Premio Cunqueiro 1994, e sinálase a insuficiencia de publicacións dramáticas, instando á
Consellería de Cultura a apoiar este tipo de proxectos editoriais. |
Premio(s) |
Premio Compostela 93
Premio de la Crítica del País Valenciano 1994
Premio da A.I.T.A. 1995 |
Observacións |
Adaptación da versión italiana. Ollomoltranvía e Candído Pazó
Ollomoltranvía: Commedia, un xoguete para Goldoni, de Cándido Pazó.Dirección: Cándido Pazó. Axudante de dirección: Mela Casal Interpretación: Víctor L. Mosqueira,
Nuria Sanz, Santiago Prego, Marcos Orsi, Avelino González e Evaristo Calvo. Música orixinal:
Fernando Reyes. Textos, dramaturxia e traducción: Cándido Pazó. Escenografía, atrezzo,
vestiario e máscaras: Suso Montero. Deseño de iluminación: Alfredo Laforet. Fotografía: Xulio
Gil. Deseño gráfico: Suso Montero. Realización escenografía: Moucho Clerk. Realización de
máscaras e vestiario: Isaura e Soco Seoane. Gravación musical: Grupo Resonne. Técnico de
iluminación: Alfredo Laforet. Técnico de son: Alberto Pazó. Xefe de producción: Andrés Pazos.
Trátase dunha peza teatral creada pola compañía Ollomoltranvía a partir dun “canovacci” ou guión do dramaturgo veneciano Goldoni (Venecia, 1707-1793), “un dos autores máis sobranceiros da commedia dell’arte”, segundo os responsables da obra. No libro recóllese, non só a peza “recreada” pola compañía teatral, senón tamén unha traducción de Cándido Pazó do “canovacci” orixinal. O argumento da commedia céntrase na historia de Arlecchino, quen, créndose erroneamente enganado pola súa muller, tenta suicidarse, pero detido pola voz do Altísimo, que lle regala un anel máxico e fai que esqueza o seu pasado e con isto a idea da morte. Tras dunha serie de enredos, remata casando de novo coa súa muller. Con respecto ó guión de Goldoni, mantense basicamente o argumento e simplifícanse a estructura e os personaxes. Na nova peza dáse un esforzo de achegamento ó público e á realidade actual.
Dramaturgia de Cándido Pazó, acompañada d' Un anel máxico, tamién de Carlo Goldoni. |
Ficheiros |
|