Traducións
Título A praza do diamante
Autoras/es Nome  Pilar Vilaboi Freire
Publicacións  La Plaça del Diamant
Ilustracións  -------.
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  1995
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  221 p.
Obra completa, Antoloxía   Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-87783-31-7
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Edicións Positivas, Col. Narrativa;
Localización e signatura  BUV, FFT 869.9=03 ROD pla
Fonte  Viceversa//Libro propio
Soporte  Papel
Introdución e notas  Non.
Textos críticos   ______, “Mercé Rodoreda, en galego”, El Correo Gallego, “Edición 7”, 17 marzo 1996, p. 6. O autor válese do comentario do libro de Mercè Rodoreda, A praza do diamante (1995), para facer alusión á oportunidade da traducción ó galego de obras orixinariamente escritas en catalán ou en portugués. Sinala que a coidadosa traducción deste orixinal catalán supón unha boa oportunidade para se beneficiar dunha excelente mostra desta literatura na nosa lingua e supón un importante esforzo por parte da editorial por se facer cos dereitos de autor. ______, “Mercè Rodoreda paséase pola praza do Diamante”, La Voz de Galicia, “Revista de Cultura”, ano II, nº 54, 7 marzo 1996; p. 6. Comentario da novela de Mercé Rodoreda A praza do diamante, traducida ó galego, en 1995 por Pilar Vilaboi Freire, no que se afirma que esta novela chegou a ser cualificada por Gabriel García Márquez como a mellor que se escribira en España despois da guerra Civil.
Premio(s)  
Observacións  Novela de M. Rodoreda (Barcelona, 1909-Romanyá de la Selva, 1983) narrada en forma de monólogo moi fluído e natural dende o punto de vista dunha menestrala do paseo de Gracia barcelonés chamada Colometa, que vai contándonos a súa vida e o peso da traxedia que devasta Catalunya durante a guerra civil, tanto máis angustiosa canto que nos é contada por unha humilde obreira que, pouco e pouco, se revela como encarnación de toda a humanidade anónima, débil e martirizada, pero tamén como a voz da esperanza, da liberdade e da coraxe fronte a vida.
Ficheiros