Traducións
Título [A] Los caminos de la voz. Seis poetas gallegos de hoy
Autoras/es Nome   VV. AA.
Publicacións  [A] [Seis poetas gallegos de hoy]
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Español - es
Direccionalidade  Sen mención
Ano  1995
Edición  bilingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  200 p. 20x13 cm
Obra completa, Antoloxía  Antoloxía. Contén: As poesías de Xavier R. Baixeras, Xosé María Alvarez Cáccamo, Xulio L. Valcárcel, Pilar Pallarés, Ramiro Fonte e Miguel Anxo Fernán-Vello.
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-7807-141-5
Lugar de edición: editora, colección  Granada: Diputación provincial de Granada, Col. Maillot Amar
Localización e signatura  BUSC Biblioteca Xeral GA 33725
Fonte  CCCG
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  Teresa Seara, “Retorno ás rutas do verso”, A Nosa Terra, nº 690, “Guieiro Cultural”, 7 setembro 1995, 24. -X. G. G., “O absurdo da guerra”, Galicia Internacional, nº 5, agosto 1995, p. 76. -Miro Villar, “A última antoloxía da poesía galega dos oitenta”, Grial, nº 127, Tomo XXXIII, xullo-agosto setembro 1995, pp. 454-458. -M. R., “As voces bilingües dos poetas”, La Voz de Galicia, “Revista de Cultura”, ano I, nº 39, 23 novembro 1995, p. 6. - ______, “A proba do nove”, O Correo Galego, “Revista das Letras”, nº 106, 2 maio 1996, p. 6. Comeza afirmando que a traducción é a “proba do nove” de calquera literatura polo que libros como Los caminos de la voz (Seis poetas gallegos de hoy) (1995) son absolutamente precisos. Comenta, así mesmo, que esta obra cumpre perfectamente a súa función de dar a coñecer fóra a nosa poesía pero o crítico non está totalmente de acordo coas premisas que Luciano Rodríguez, antólogo e prologuista da publicación.
Premio(s)  
Observacións  Ed. Luciano Rodríguez Texto en galego e castelán Esta antoloxía publicada pola Deputación Provincial de Granada, recolle unha selección de poemas de Xavier Rodríguez Baixeras, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xulio L. Valcárcel, Pilar Pallarés, Ramiro Fonte e Miguel Anxo Fernán-Vello. Trátase dun libro dirixido principalmente ós lectores casteláns e inclúe seis nomes que o editor considera representativos da poesía galega actual, seleccionando unha serie de poemas de cada un e presentándoos en edición bilingüe (galego e castelán). Na introducción, Luciano Rodríguez (Viana do Bolo, 1951) fai unha análise da poética galega dos oitenta. Comeza ofrecendo unha panorámica da poesía anterior que influíu nestes poetas e contextualiza a atmosfera poética a partir de finais dos setenta, coa aparición de grupos como Rompente ou Cravo Fondo. Fai unha valoración da importancia que tivo a creación dun ambiente de publicacións en revistas e de participación en certames literarios. Ofrece finalmente un estudio dos trazos comúns ós poetas galegos novos e dos elementos temáticos e de estilo que se poden atopar na súa poesía.
Ficheiros