Traducións
Título Merlin and Company
Autoras/es Nome  Colin Smith
Publicacións  Merlín e familia i outras historias
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Relatos
Lingua  Inglés (Reino Unido) - en GB
Direccionalidade  Indirecta
Ano  1996
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  20 cm, 140 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  0460877313
Lugar de edición: editora, colección  Londres: Everyman Paperbacks, Col. Classic
Localización e signatura  BUV FFT 869.9 CUN mer
Fonte  Libro propio
Soporte  Papel
Introdución e notas  Nota sobre o autor e o tradutor da editorial. Biobibliografía do autor (VIII-XV). Limiar do tradutor (XII-XIX). Introdución do tradutor "Galicia, Cunqueiro, and a wordl of dreams" (XXI-XXXIII).
Textos críticos   Durán, Carlos, “Merlin and company”, Galician Review, nº 1, 1997, pp. 106-107. Recensión da traducción de Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro, realizada por Colin Smith e publicada en Inglaterra en 1996. Afirma o articulista que a traducción tenta ofrece-lo sabor preciso do orixinal galego, coa súa mestura peculiar de realidade e fantasía e coa súa ironía. Proporciona algunhas claves argumentais, como que os relatos, contados por Felipe de Amancia, están centrados en Miranda, a onde chegan diversos personaxes para consultar a Merlín por mor de feitizos e problemas de saúde, e inclúe na recensión varios personaxes e elementos pertencentes á obra. Explica a relevancia do texto nestes tempos e que o lector sentirá a presencia dos devanditos personaxes, así como a súa sutil ausencia se tenta abandonalos, o que proba a súa “verdade”. Finalmente, sitúa a Cunqueiro como precedente do “realismo máxico” latinoamericano e inclúe breves fragmentos da obra.
Premio(s)  
Observacións  Traducido dende o castelán (from the Spanish Merlin e familia i outras historias, 1955). Revisado por John Rutherford
Ficheiros