Traducións
Título [A] Entre dous silencios: antoloxía da literatura galega / Mezhau avumia bezmolviiami: antologuiia galisiickoi literatury
Autoras/es Nome   VV. AA.
Publicacións  [A] Entre dous silencios: antoloxía da literatura galega / Mezhau avumia bezmolviiami: antologuiia galisiickoi literatury
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Ruso - ru
Direccionalidade  Directa
Ano  1996
Edición  bilingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas   239 p. ; 18 cm
Obra completa, Antoloxía  Antoloxía de 17 poetas e máis de 100 poemas do s. XIX ao primeiro tercio do s. XX. Contiene: obra poética de Rosalía de Castro, Francisco Añón Paz, Eduardo Pondal, Valentin Lamas Carvajal, Salvador Golpe, Manuel Curros Enríquez, Alberto García Ferreiro, Federico García Lorca etc.
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  5-88407-0001-X
Lugar de edición: editora, colección  San Petersburgo : Centro de Estudios Galegos da Universidade
Localización e signatura  BUV FFT 869.9 ENT
Fonte  Rede de Bibliotecas do Instituto Cervantes
Soporte  Papel
Introdución e notas  Ed. Elena Zernova. Prólogo de Basilio Losada.
Textos críticos   -Anxo Tarrío Varela, “Galego en Rusia”, O Correo Galego, “Recanto do cataventos”, 26 maio 1996, p. 3. O articulista infórmanos da publicación da antoloxía bilingüe galego-rusa titulada Entre dous silencios, que abrangue poesía escrita dende Rosalía ata os Seis poemas galegos (1935), de Federico García Lorca, e que foi preparada por Elena Zernova, directora do Centro Galego da Universidade de San Petersburgo. Xesús Alonso Montero, “Dezasete poetas en ruso”, La Voz de Galicia, “Beatus qui legit”, 30 maio 1996, 9. Comentario sobre a publicación de Entre dous silencios, segundo volume da antoloxía bilingüe galegorusa, coordinada por Elena Zernova, dende o Centro de Estudios Galegos da Universidade de San Petersburgo. Sinala que o presente volume, prologado por Basilio Losada, recolle 17 poetas dos séculos XIX e primeiros anos do XX, facendo honor ó seu título, porque vai dende o final dos Séculos Escuros ata o comezo da Guerra Civil, os dous silencios máis significativos da nosa literatura. Destaca tamén que os poemas foron traballados a partir dunha traducción literal que foi explicada a poetas rusos actuais polas traductoras e que son estes os que se encargan de dar forma a unha versión literaria. Lamenta a ausencia de Vaamonde Lores, “o mellor poeta noso do XIX” e agradece a inclusión da poesía de Otero Pedrayo. Remata anunciando o terceiro volume desta serie, que recollerá a obra poética de 1936 ata a actualidade, e unha antoloxía de poesía popular. -G. Luca, “Elena Zernova, traductora de poesía galega ao ruso”, A Nosa Terra, nº 729, “Guieiro Cultural”, 6 xuño 1996, p. 25. Despois dunha breve presentación de Elena Zernova e das dúas antoloxías de poesía galega -Antoloxía de poesía medieval e Entre dous silencios-que coordinou, xunto con outros catedráticos e poetas rusos, reprodúcese unha entrevista na que Elena Zernova fala dos problemas económicos cos que se atoparon para levar a cabo o proxecto de traducción e publicación das antoloxías, das semellanzas entre a poesía rusa e a galega e da situación cultural e económica de Rusia.
Premio(s)  
Observacións  
Ficheiros