Textos críticos |
Basanta, Ángel “Galván en Saor, Darío Xohán Cabana”, ABC, “ABC literario”, nº 318,
5 decembro 1997, p. 12.
Despois de se referir ás características de Galván, personaxe da Corte do Rei Artur e de
comparalo con Percival, outro dos heroes da materia de Bretaña, pasa a considera-la fértil
acollida que estes e outros heroes tiveron na literatura galega de tódolos tempos. Nesa tradición
sitúa a obra Galván en Saor (1989), de Darío Xohán Cabana. Dá unhas notas biográficas do autor
e pasa a analiza-la obra seguindo a traducción ó castelán realizada por Vicente Araguas. Refírese
en primeiro lugar á trama da obra, á súa estructura e remata salientando os acertos da novela
centrada na transcrición natural entre os dous tempos nos que se desenvolve e na construcción.
Comenta ademais que é unha novela de “lectura altamente recomendable”, que narra unha
historia “nutrida de mitos y de literatura habilmente asimilados a la vida cotidiana moderna de la
Galicia de nuestro tiempo” e na que as súas páxinas “atesoran valores de la grandeza épica y
sentimiento de hondo lirismo, en un texto enigmático, lleno de ternura, poesía y leyenda”. |