Textos críticos |
M. Blanco Rivas, “Un libro de culto na América dos corenta”, Faro de Vigo, “El Sábado”, nº 114, 10 xullo 1999,
p. 2.
Con motivo da traducción ó galego de O Vixia no centeo a cargo de Xosé Ramón F. Rodríguez, faise un breve
percorrido pola biobliografía de J. D. Salinger, autor nado en New York no ano 1919. Despois de cita-lo resto da
súa producción, céntrase nesta novela, da que di que contén tódalas características para ser unha grande obra:
“interés humano, equilibrio, transgresión e unha boa dose de crítica social”. A seguir, detense na análise de
Holden, o personaxe protagonista, de quen destaca a súa personalidade, frenopática dende o punto de vista
psicanalista e inadaptada ó mundo dos adultos dende a visión do lector. Incide na brillantez do personaxe e
sitúa a J. D. Salinger como un dos grandes escritores europeos que se mergullaron na psicoloxía dos seus
-pEesrstroon Maxoenst,a dñao, q“uAe a Drtoes dtoei esvasbkei rf opir ion cmipáiaxirm uon heax pnooñveenlate”,. G uía dos libros novos, nº 9, “Narrativa”, xulloagosto
1999, p. 21.
Cuestiona a opinión dalgúns críticos cando tildan a Truman Capote e J. D. Salinger de autores menores da
literatura norteamericana e négase a aplicar este criterio a obras como Almorzo en Tiffany’s ou Outras voces,
outros ámbitos. Detense na análise da obra de Salinger da que resalta os seus contos cheos de engado, o
dominio do diálogo, a calidade contrastada en For Esmé, with Love and Squalor e a presencia na súa escrita de
moito humor e melancolía, que lle fan lembrar a “nenos que teñen algo de máxico e que viven sempre nun
mundo de soidade”. Reproduce o párrafo co que se inicia O vixía no centeo como exemplo da habelencia deste
autor, a quen considera un narrador eficaz, e no que o lector sabe de contado o ritmo e ton que posúe a obra.
Así mesmo, dá unhas pinceladas do argumento e pon de relevo a facilidade coa que o autor manexa a lingua
coloquial, a capacidade deste para describir como poucos a “idade de transición chea de soños e de amargura”
pola que pasan os adolescentes, a proximidade da linguaxe á do cómic e o emprego da fala da mocidade dos
EEUU da década dos cuarenta. Destaca, por último, a dificultade da traducción desta novela pola existencia de
numerosas expresións coloquiais na versión orixinal.
-Jaime Meilán, “La hija de Salinger explorará en un libro la vida familiar del autor”, La Voz de Galicia, 5 setembro
1999, p. 38.
Comeza comentando a intención de Margaret Salinger, filla de D. J. Salinger autor de O Vixía no Centeo, de
publica-las experiencias familiares nun volume en oposición á reserva da intimidade mantida polo autor. Tamén
fala da publicación das memorias de Joyce Maynard, amante del cando era moza, así como da poxa das cartas
que este lle enviou.
|