Publicacións
Título [A] Gelria, Cantos de poeta. Unha antoloxía musicada da poesía galega
Autoras/es Nome   VV. AA.
Traducións  [A] Gelria, Cantos de poeta. Unha antoloxía musicada da poesía galega
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Galego - glg
Ano  2016
Edición  pentalingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  122 pp
Obra completa, Antoloxía  Antoloxía
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-608-5476-0
Lugar de edición: editora, colección   A Coruña: Asociación Cultural Gelria
Localización e signatura  
Fonte  
Soporte  
Introdución e notas  Xosé Luis Romero
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Variada selección poética realizada por Gelria, encabezada por un brevísimo introito de
Xosé Lois Romero, no que fai balance dos trinta e cinco anos que leva dedicados ao
folclore. Destaca a grande evolución da cultura popular, pese a contar con “poucos
medios” e partir dunha “posición case marxinal”. Tamén salienta a importancia de que a
mocidade actual valorice a “súa identidade cultural en igualdade, sen prexuízos e cunha
clara convicción na súa singularidade e potencialidade” (p. 4) e remata definindo a
Gelria como “poesía, tradición, historia, xuventude, compromiso e creación”. A
antoloxía componse dun poema dos seguintes autores e a tradución do mesmo ao inglés,
castelán e portugués: “A nena na fonte” (Aires da miña terra, 1880), de Manuel Curros
Enríquez (Celanova-Ourense, 1851-A Habana-Cuba, 1908); “Cousos do lobo” (Os
Eidos, 1955), de Uxío Novoneyra (Parada-Seoane do Caurel-Lugo, 1930-Santiago de
Compostela, 1999); “Sós” (De catro a catro, 1928), de Manuel Antonio (nome literario
de Manuel Antonio Pérez Sánchez, Rianxo-A Coruña, 1900-1930); “Acción gallega”
(Da terra asoballada, 1917), de Ramón Cabanillas (Cambados-Pontevedra, 1876-
1959); “Eu quero oír o teu silencio” (Cómaros verdes, 1947), de Aquilino Iglesia
Alvariño (1909-1961); “Canzón pra que un neno non durma” (Triscos, 1950), de Luís
Pimentel (nome literario de Luís Benigno Vázquez Fernández, Lugo, 1895-1958);
“Castellanos de Castilla” (Cantares gallegos, 1963), de Rosalía de Castro (Santiago de
Compostela, 1837-Padrón-A Coruña, 1885); “Longa noite de pedra” (Longa noite de
pedra, 1962), de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979); “Cantiga do amante preso”
(Poesía enteira de Heriberto Bens, 1980), de Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense,
1938); “Amenceu bico ou onda do mar” (Cantiga nova que se chama Riveira, 1933), de
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo-lugo, 1911-Vigo, 1981); “O gato da tasca mariñeira”
(Profecía do mar, 1966), de Bernardino Graña (Cangas do Morrazo-Pontevedra, 1932);
“Zocas. Louvanza das zocas villalbesas, chamadas chinelas” (Terra Chá, 1954), de
Manuel María (nome literario de Manuel María Fernández Teixeiro, Outeiro de Rei-
Lugo, 1929-A Coruña, 2004); “Far Blues” (Códice Calixtino, 1986), de Luz Pozo Garza
(Ribadeo-Lugo, 1922); e “Unha luz que se afasta e se nos dirixe” (Carne de Leviatán,
2013), de Chus Pato (Ourense, 1955). Os poemas van precedidos dunha páxina na que
se reproduce unha estrofa tirada do poema “Naceu auga”, de Manuel Rivas (A Coruña,
1957).
Ficheiros