Publicacións
Título [A] [Poesía inglesa, escocesa e irlandesa]
Autoras/es Nome   VV. AA.
Traducións  [A] Verbas atlánticas: poesía inglesa, escocesa e irlandesa traducida por Plácido Castro
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Varias - Varias
Ano  
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  
Obra completa, Antoloxía  
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  
Lugar de edición: editora, colección  
Localización e signatura  
Fonte  
Soporte  
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Extensa antoloxía poética que recolle o traballo realizado polo tradutor Plácido Castro
(Corcubión, 1902). A editora, Laura Linares, realiza unha introdución á figura do autor,
salientando o seu compromiso con Galicia, a difusión da lingua e unha descrición dos
contidos desta obra (pp. 7-24). Destaca a presenza de poemas británicos, escoceses e
irlandeses traducidos pola man de Plácido Castro ao longo da súa vida. Transcríbense as
composicións en inglés na esquerda e na dereita a versión do tradutor en galego
seguindo un criterio alfabético. O volume divídese en dúas partes: na primeira aparecen
poemas de autores anglosaxóns (pp. 25-225), mentres que na segunda unicamente se
presenta a composición As Rubáiyát de Omar Kháyyám (pp. 227-289). Os autores que
se resaltan na primeira parte, acompáñaos unha breve nota biográfica que recolle a súa
vida e obra: George Russell, William Allingham, William Blake, Robert Burns, Joseph
Campbell, Seamus Cartan, Padraic Colum, William Henry Davies, Ernest Dowson,
Thomas Hardy, A. E. Housman, Walter de la Mare, John Masefield, Thomas Moore,
Antoine Ó Raifteiri, Aogán Ó Rathaille, Padraig Pearse, Christina Rossetti, James
Stephens, R. L. Stevenson e W.B. Yeats. Trátase de composicións de temáticas moi
diversas, como a natureza, a relixión, o amor como oposición á morte, o lamento pola
terra de Irlanda e a súa situación, a melancolía, o existencialismo etc. A segunda parte
tan só dá conta dunha extensa composición, introducida por unha nota do tradutor (pp.
228-248), a cal resume a peregrinaxe humana e a exaltación dos sentimentos. O volume
remata coas notas do tradutor, nas que explica os seus criterios de uso e as súas fontes.
Ficheiros