Título | Los caminos ensin fin |
---|---|
Autoras/es Nome | Pablo Antón Marín Estrada |
Traducións | Camiños sen fin |
Ilustracións | |
Xénero | LIT_Narrativa_Novela_LIX |
Lingua | Asturiano - ast |
Ano | 2000 |
Edición | monolingüe |
Formato, volume, fascículo, número, páxinas | Encadernación rústica, 21x13 cm, 152 p. |
Obra completa, Antoloxía | Obra completa |
Tipo de edición | 1ª edición |
ISBN | 84-89985-47-2 |
Lugar de edición: editora, colección | Xixón: Llibros del Pexe, Col. Abril, nº 2 |
Localización e signatura | |
Fonte | BNES |
Soporte | Papel |
Introdución e notas | |
Textos críticos | -Xosé manuel Freire, “Novelas mariñeiras”, Guía dos libros novos, nº24, “Literatura infantil e xuvenil”, decembro 2000, p. 26. Analiza a estructura, voz narrativa, temática, argumento e tratamento dos personaxes, asícomo as concomitancias con outros relatos mariñeiros, nesta novela iniciática na que o protagonista non sóaprende un oficio, senón tamén a ser home, escrita por Pablo Antón Marín Estrada, autor pertencente a segunda xeración do Surdimento, movemento asturiano de recuperación lingüística e cultural. Así mesmo, lembra que a traducción ao galego desta novela orixinalmente en lingua asturiana, realizouna Leandro García Bugarín e foi publicada polo proxecto dos Editores Asociados, unha realidade editorial que permite o achegamento a outras literaturas escritas nas diferentes linguas do estado e contribúe a impulsar a literatura xuvenil. Referencias varias: - Rosa Míguez, “Suxerencia”, Diario de Ferrol, “Nordesía”, 19 novembro 2000, p. 14 - Xesús Fraga, “O mar segue sendo unha metáfora da aventura”, La Voz de Galicia, “Entrevista”, 8 decembro 2000, p. 31. Indícase que está orixinalmente escrita en asturiano e que foi a gañadora do Premio “Abril” de Literatura para mozos. Na conversa co autor este refírese ao significado do mar e ao feito de ser esta unha novela de iniciación, ante o que considera que para o seu protagonista o mar é algo épico, mentres que como tema é unha metáfora da aventura e da propia vida. Con respecto aos rapaces como lectores potenciais da súa obra, indica que non pensou neles cando escribiu, e que rexeita as historias urbanas que buscan ser como os seus lectores potenciais. -Silvia Gaspar, “Literatura marítima”, La Voz de Galicia, “La voz de la escuela”, 11 decembro 2000, p. 6. Faise eco da publicación da obra Camiños sen fin, de Pablo Antón Marín, gañadora do IIº premio Abril de literatura xuvenil convocado por Editores Asociados e lembra a finalidade deste certame: publicar en linguas minorizadas. Reflexiona sobre a importancia de que o seu orixinal se presentase en asturiano por ser unha lingua que busca o seu camiño a pesar de partir dunha situación máis difícil cá galega. Cualifica ao escritor de múltiple por traballar en prosa e verso, sobre ficción ou xornalismo, en letra impresa e nos medios audiovisuais. Define a obra como “unha novela de ambientación marítima e contido interiorista”. Dá nova do contido de A min non me gusta o fútbol, de Andoni Egaña, Carlota, a marmota, de Miro Villar, O vento do espírito, de Carlos Fernández. |
Premio(s) | II Premio Abril de Literatura para mozas/os convocado por Editores Asociados |
Observacións | |
Ficheiros |