Biografía |
Agota Kristof naceu en Hungría no ano 1935. Vive exiliada en Suiza dende o ano 1956. A súa primeira novela Le grand Cahier (1986) recibiu o título de Libro Europeo. A novela que foi traducida a diferentes linguas emprégase nas clases de francés non só en Francia senón tamén en Dinamarca e en Alemaña onde foi traducida baixo o título Das grosse Heft, asi como La preuve (Der Beweis ) e Le troisième mensonge (Die dritte Lüge). Esta triloxía describe a historia de dous irmáns xemelgos que quedaron ó coidado da avoa durante a guerra. |