Autoras/es Nome
Nome Panait
Apelidos Istrati
Web
Email
Biografía Fillo dunha lavandeira e dun contrabandista grego a quen non coñeceu, Panait Istrati nace na cidade romanesa de Braila en 1884. Sen máis formación académica que a escolarización até os 13 anos, traballa desde moi novo e exerce todo tipo de oficios —reposteiro, pintor, criador de porcos, fotógrafo, zapateiro, porteiro de hotel, vendedor ambulante—, ao tempo que viaxa por Europa e Oriente Medio. En 1921, tras unha longa estadía nun sanatorio suízo para tratar unha tuberculose persistente, Istrati vese na indixencia. Con 36 anos, cun segundo fracaso matrimonial e sen recursos, decide suicidarse nun parque de Niza. Ao ser atendido no hospital, atópanlle no peto unha carta dirixida ao Nobel Romain Rolland, por quen o romanés sente unha grande admiración. A carta chega ao escritor, que descobre nela un talento narrativo extraordinario e se converte en padriño literario de Istrati.En 1923, publica Kyra Kyralina, a súa primeira novela, coa que inicia o ciclo dos relatos de Adrien Zograffi. O éxito é inmediato e Istrati coñece a fama en toda Europa con esta e coas súas seguintes obras. Porén, a bonanza dura apenas unha década, pois Istrati pasa a ser deostado polos mesmos intelectuais socialistas que o apoiaron e admiraron cando, tras unha visita á Unión Soviética, expresa publicamente a súa decepción e denuncia as prácticas stalinistas. Novamente só, regresa a Braila en 1935, onde falece en abril dese mesmo ano. (Extraído de: https://irmascartone.com/produto/kyrakyralina-de-panait-istrati/)
Observacións
Listaxe Monografías
Título Xénero Lingua Ano
Kyra Kyralina LIT_Narrativa_Novela Francés - fr 1924
Listaxe Traducións
Título Xénero Lingua Ano