Autoras/es Nome
Nome Fernando
Apelidos Pérez-Barreiro Nolla
Web
Email
Biografía (Ferrol, 1931- Lancaster, 2010) Fernando Pérez-Barreiro Nolla, Medalla Castelao en 2009 polo seu labor como tradutor, faleceu onte en Inglaterra, onde residía dende 1963. Nacido en Ferrol en 1931 nunha familia de ascendencia catalá, Pérez-Barreiro licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago e logo trasladouse a Londres. Alí traballou como realizador, redactor e locutor de programas de radio dos Servizos Exteriores da BBC para España até 1969, e logo como xefe dos Servizos de Tradución da Organización Internacional do Café (OIC) até 1993, aínda que continuou traballando nesa e noutras organizacións internacionais até o seu falecemento. Na Universidade de Westminster obtivo o título BA First Class Honours en Lingua e Literatura Chinesa, estudos que seguiría en 1982 na Universidade do Pobo Chinés de Beijing. Nos anos noventa ensinou tradución en cursos de posgrao na Universidade de Westminster e na Thames Valley University. Tamén en cursos de formación continua da Facultade de Tradutores e Intérpretes da Universidade de Granada e na ISLA de Lisboa. Académico correspondente da Real Academia Galega e membro do Consello Asesor do Instituto Galego Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), recibiu en 2005 o Premio Pedrón de Honra e en 2009 a Medalla Castelao de Galicia. En 1972 publicou a primeira tradución de Shakespeare ao galego (Macbeth, Galaxia) e dez anos máis tarde viu a luz en Xerais unha antoloxía ao seu cargo de narrativa curta chinesa (Flores e leña) na que se considera a primeira tradución directa do chinés ao galego. En 1985 gañou o Premio Nacional de Tradución de Libros Infantís e Xuvenís do Ministerio de Cultura pola súa tradución ao galego, con Teresa Barro, tamén premiada, de Alicia no país das marabillas (Xerais, 1984), e nese mesmo ano apareceu, tamén en Xerais e tamén en versión de Pérez-Barreiro e Barro, outra obra de Lewis Carroll, Alicia do outro lado do espello. En 2005 publicou na Biblioteca Virtual Galega (www.bivir.com) o Breviario do pensamento clásico chinés, con traducións de textos filosóficos chineses dende as orixes até o neoconfucianismo. Gañou con esa tradución o Premio Plácido Castro, ex aequo con Iolanda Galanes.
Observacións
Listaxe Monografías
Título Xénero Lingua Ano
Listaxe Traducións
Título Xénero Lingua Ano
A traxedia de Macbeth LIT_Teatro Galego - glg 1972
As aventuras de Alicia no país das marabillas LIT_Narrativa_Novela_LIX Galego - glg 1984
As aventuras de Alicia no país das marabillas LIT_Narrativa_Novela_LIX Galego - glg 2002
Do outro lado do espello e o que Alicia atopou aló LIT_Narrativa_Relato Galego - glg 1985
Flores e leña: narracións chinesas contemporáneas LIT_Narrativa_Relato Galego - glg 1982