Autoras/es Nome
Nome Rebecca
Apelidos Solnit
Web
Email
Biografía Escritora, historiadora, activista, editora e colaboradora da revista Harper, onde escribe a sección «Easy Chair», Rebecca Solnit tratou unha ampla variedade de temas, incluíndo a preservación do medio, a política e a arte. Dende os comezos dos oitenta traballou en numerosas campañas de dereitos humanos — como o Proxecto de Defensa de Western Shoshone a principios dos noventa, que describe no seu libro Savage Dreams— e con activistas contra a guerra durante a era Bush. Entre os seus libros máis coñecidos destaca Un paraíso construído no inferno (2009), no que dá conta das extraordinarias comunidades que xorden tras certos desastres como o do furacán Katrina, un feito que xa analizara no seu ensaio «Os usos de desastres: notas sobre o mal tempo e o bo goberno», publicado por Harper o mesmo día que o furacán golpeaba a costa do Golfo. Solnit recibiu dúas bolsas NEA de Literatura, unha bolsa Guggenheim, unha bolsa Lannan e no 2004 o Premio Wired Rave por escribir sobre os efectos da tecnoloxía nas artes e nas humanidades. No 2010 Reader Magazine nomeouna como «unha das 25 visionarias que están a cambiar o mundo».
Observacións
Listaxe Monografías
Título Xénero Lingua Ano
Men Explain Things to Me NON-FIC_Ensaio en Estados Unidos de América - en EUA 2014
Listaxe Traducións
Título Xénero Lingua Ano