Biografía |
Mary Beard é unha das clasicistas máis orixinais e máis coñecidas.
É catedrática de Clásicas do Newnham College, Cambridge, directora da sección de Clásicos do The Times Literary Supplement (TLS) e membro da Academia Británica e da Academia Americana de Artes e Ciencias.
Entre os seus libros están Pompeii: The Life of a Roman Town (2008) galardoado co Premio Wolfson de
Historia, e o seu grande éxito de vendas, SPQR: A History of Ancient Rome (2015).
Entre outras moitas distincións, Beard recibiu o Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais no ano
2016. |