Autoras/es Nome
Nome Gemma
Apelidos Lienas
Web
Email
Biografía Naceu en Barcelona en 1951. Logo de pasar cinco anos vivindo en Estrasburgo, regresou á súa cidade natal onde se mergullou de cheo na vida de distintos grupos e entidades, moi especialmente os que traballan a prol da igualdade das mulleres. Profesora da Universidade de Barcelona e docente na Casa Elizalde, é tamén colaboradora asidua da radio e da prensa escrita. Da súa dedicación á literatura xurdiron interesantes achegas, entre as que destaca a serie de novelas protagonizadas por Carlota, unha adolescente espelida e interesante que se dedica a indagar naqueles ámbitos da vida que máis lle poden intrigar a unha persoa que comeza a súa andaina pola idade adulta. O diario vermello de Carlota ten como obxectivo falar da sexualidade sen medias verdades, conseguir conectar a dous heroes da literatura xuvenil: Carlota e o gran detective Flanagan. Entre outros premios Gemma ten a Mención de Honra da UNESCO polo seu traballo literario en prol da igualdade.
Observacións
Listaxe Monografías
Título Xénero Lingua Ano
El diari lila de la Carlota LIT_Narrativa_Novela Catalán - cat s.d.
El diari vermell de la Carlota LIT_Narrativa_Novela_LIX Catalán - cat 2004
Listaxe Traducións
Título Xénero Lingua Ano