Traducións
Título As irmás Bunner
Autoras/es Nome  Alejandro Tobar Salazar
Publicacións  Xingu and Other Stories
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2023
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  21 cm, 155 p.
Obra completa, Antoloxía  Fragmento. Na publicación orixinal formaba parte do libro "Xingu and Other Stories".
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-126007-5-9
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin, Col. XX, 94
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 WHA bun
Fonte  BUV
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Escrito orixinalmente en 1982, publicouse finalmente en 1916 como parte do libro "Xingu and Other Stories". Resumo: «Na Nova York de finais do século XIX, Ann Eliza e Evelina, as irmás Bunner, rexentan un humilde comercio que apenas lles dá para ir tirando. Porén, afeitas ás rutinas de traballo e grazas, sobre todo, á balsámica compaña mutua, asúmeno con naturalidade. Pero o seu pequeno mundo cambalea unha vez que aparece nas súas vidas a figura dun reloxeiro de orixe berlinesa, o señor Herman Ramy. Escrita en 1892 pero inédita até 1916, esta novela de Wharton constata que o seu talento non se limita á descrición de individuos da alta sociedade á que pertencía, senón que abrangue tamén seres solitarios e desfavorecidos. Aquí, a autora consagra ese dominio da psicoloxía a reflexionar sobre valores como a abnegación ou o sacrificio. Por outra banda, a ambientación eríxese tamén como elemento destacado, con algunhas pasaxes deliciosas sobre as travesías dominicais no transbordador de Manhattan a Hoboken, os paseos por Central Park, o rebumbio das caóticas avenidas ou a fastosidade dos grandes almacéns. Cunha prosa sinxela de corte realista, enriquecida por veces cun rexistro léxico elevado, o ton melancólico pero esperanzador desta obra resulta clave para apreciar a amplísima variedade de subtemas: o decoro social, a beleza, a amabilidade ou a fe. En canto que cuestión axial que xustifica a peza mesma, non pode quedar sen citar o amor fraternal, que neste caso comporta severas contrapartidas.» (Extraído de: https://huginemunin.gal/produto/as-irmas-bunner/)
Ficheiros