Traducións
Título Xeórxicas
Autoras/es Nome  Lucía Gómez Fariña
Publicacións  Georgicas
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2024
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  145x220 mm, 138 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-19795-70-0
Lugar de edición: editora, colección  Cangas do Morrazo: Rinoceronte editora, Vétera
Localización e signatura  
Fonte  Web editora
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  O texto clásico de Virxilio orixinal estaba en verso, pero a tradución fíxose en prosa: «A edición definitiva das Xeórxicas componse de catro libros, todos eles de extensión semellante, arredor dos cincocentos versos. O libro primeiro ábrese cunha dedicatoria a Mecenas na que o poeta introduce xa os temas dos que vai tratar ao longo da obra: traballo da terra, cultivo da vide, gandería e coidado das abellas. O libro segundo comeza cun himno a Baco, deus do viño, pois nesta parte da obra tratarase do cultivo e do coidado das viñas, aínda que tamén das árbores silvestres e froiteiras, e mais das oliveiras. O libro terceiro ábrese cunha nova invocación aos deuses, desta volta a Pales e a Aristeo. Virxilio advirte de que non tratará temas heroicos, de sobra coñecidos polos romanos, senón que abrirá un novo camiño coa súa poesía; vai traer as Musas de Aonia, isto é, da terra de Hesíodo. Virxilio comeza o libro cuarto advertindo de que vai falar sobre o mel, e pedíndolle a Mecenas que atenda tamén a esta parte. O sentir que subxace á obra é a dignificación do traballo do labrego. Como o propio Virxilio afirma, o campesiño sostén a patria dende o campo, que é unha fonte de alimento para todos. Na Roma contemporánea, azoutada polas guerras civís, é necesario deixar de fundir apeiros para forxar armas; o labrego ten que volver ao seu traballo, que certamente é duro pero necesario. O traballo sen descanso vese recompensado, en certa medida, pola vida tranquila que leva o labrego, afastado das preocupacións que traen a riqueza e o éxito social, retirado en paraxes naturais que o invitan a vivir feliz, satisfeito xa só polo simple feito de ser quen de procurar o seu propio alimento. O labrego, ademais, conserva os preceptos dos antepasados, respecta o culto aos deuses e coida da súa familia. As Xeórxicas están escritas en hexámetros dactílicos, mais na nosa tradución optamos pola prosa ante a imposibilidade de crear un texto en galego que mantivese a métrica orixinal e permitise unha lectura fluída.» (Extraído de: https://rinoceronte.gal/produto/xeorxicas/)
Ficheiros