| Título | A mandrágora |
|---|---|
| Autoras/es Nome | Francisco Pillado Mayor Luísa Villalta |
| Publicacións | La mandragola |
| Ilustracións | |
| Xénero | LIT_Teatro |
| Lingua | Galego - glg |
| Direccionalidade | Directa |
| Ano | 1998 |
| Edición | monolingüe |
| Formato, volume, fascículo, número, páxinas | Encadernación rústica, 21x14 cm, 100 p. |
| Obra completa, Antoloxía | Obra completa |
| Tipo de edición | 1ª edición |
| ISBN | 84-89896-24-0 |
| Lugar de edición: editora, colección | Santiago: Edicións Laiovento, Col. Teatro, nº 106 |
| Localización e signatura | BUV FFT 869.9=03 MAC man |
| Fonte | Perseo |
| Soporte | Papel |
| Introdución e notas | |
| Textos críticos | Recensións: X. G. G., “Niccoló Machiavelli en galego”, A Nosa Terra, nº 846, “Guieiro Cultural”, 3 setembro 1998, 23. Saúda a traducción para o galego desta obra da man de Luísa Villalta e Francisco Pillado. Considera A mandrágora como un dos cumios teatrais do século XVI, de aí a importancia de que os lectores galegos podamos acceder a ela na nosa lingua. A seguir, partindo da influencia desta obra na creación doutras posteriores, destaca o seu carácter revolucionario, pola súa intriga, pola “virulencia do seu realismo crítico”, e polo uso da prosa nos diálogos, algo totalmente innovador. -Carlos L Bernárdez, “Unha comedia maquiavélica”, Guía dos libros novos, nº 1, “Literatura. Teatro”, novembro 1998, p. 24. Comenta o escaso espacio que lle dedican as editoriais galegas ó xénero dramático a excepción de Laiovento que posúe un amplo fondo de creación e reflexión teatral. A continuación centra a súa atención na traxectoria literaria de Niccolò Macchiavelli e define a este escritor como “unha figura clave do pensamento renacentista italiano e europeo” pola súa obra O Príncipe. Céntrase na versión ó galego de La Mandragola, e refírese á proxección dunha “visión amarga e lúcida dos homes”, cun manifesto xuízo ético e que está escrita cun carácter cómico e satírico ó tempo. Alude á estructuración e á finalidade do autor é divertir e “dicir verdades, polemizar, moralizar e atacar”. Prosegue cun resumo do argumento e describe o estatus social de cada un dos personaxes, cos que o escritor representa a sociedade florentina do seu tempo e afirma que nela se “pon en escena unha burla, pero non para gabar a intelixencia do seductor senón para enxergar con satírica compaixón e desexo amoroso dun e a mediocridade e a tristeza doutros, que confunden valores e criterios”. Salienta o feito de que o escritor non se deixase levar polos seus sentimentos de repulsa e que permita “un diálogo cun contemporáneo que nos chisca o ollo cómplice desde a Florencia dos Medici”. |
| Premio(s) | |
| Observacións | |
| Ficheiros |