Traducións
Título O doutor Héraclius Gloss
Autoras/es Nome  Marie Abraira
Publicacións  Le docteur Héraclius Gloss
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2016
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  20 cm, 98 p.
Obra completa, Antoloxía  
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-944422-3-0
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Hugin e Mugin, Col. Vólvense os paxaros contra as escopetas
Localización e signatura  BUSC Bib. Xeral GA 9058
Fonte  
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Resumo: "O doutor Héraclius Gloss é unha novela curta que se publicou por entregas en La Revue de Paris entre novembro e decembro de 1921, é dicir, case trinta anos despois do pasamento do seu autor, Guy de Maupassant, quen a escribira con toda seguridade na súa primeira etapa, moi probablemente nos derradeiros meses de 1875. Trátase dun texto intelixente e burleiro cun fondo satírico tremendamente atractivo. A trama desenvólvese dunha maneira lineal a partir da estrafalaria figura do doutor Héraclius Gloss, cuxa incursión no engaiolante mundo da metempsicose provocará nel, cando menos, un cambio de rumbo, talvez un desbordamento. Entre medias, o lector saberá dunha alma humana migrada ao corpo dun mono, dun manuscrito que sementa a discordia entre dous sabios, das risas non disimuladas dunha veciñanza un tanto cruel, do amancebamento de Héraclius ou mesmo do seu vexetarianismo, non sempre doado de respectar. O xenio e a mordacidade de Maupassant acadan nesta pequena obra cotas nada desprezables. Non en van, o autor está considerado unha das grandes plumas da narrativa breve." Diverxencias en canto ao ano de publicación: segundo o rexistro da BNE e da BUSC, a data do depósito legal é 2015; segundo a páxina web da editora, a data de publicación de abril de 2014.
Ficheiros