Observacións |
O relato que presentamos é o primeiro dos oito contos que integraron Todos los fuegos el fuego, publicado en 1966. Nel, Julio Cortázar narra un fabulosos atasco na autoestrada de Fointaineblau a París, un domingo pola tarde. Pero é moito máis que un embotellamento: é fiel reflexo da nosa sociedade de masas: anónima, consumista insolidaria. E así é que este relato pode ser lido tamén como unha metáfora da inevitable instauración do pacto social como medio de por freo ao caos da guerra de todos contra todos que define ao home postmoderno. Jean-Luc Godard inspirouse neste fantástico relato para realizar a súa película Weekend(1967). |