Publicacións
Título An Odyssey of the North
Autoras/es Nome  Jack London
Traducións  Unha odisea nórdica
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Relatos
Lingua  Inglés - en
Ano  1915
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  283 p.
Obra completa, Antoloxía  Relatos: Love of life ; An Odyssey of the North ; The law of life ; To build a fire ; The white silence
Tipo de edición  s. d.
ISBN  
Lugar de edición: editora, colección   London: Mills & Boon
Localización e signatura  
Fonte  British Library
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos   -Estro Montaña, “Unha odisea nórdica”, Faro de Vigo, “Faro das Letras”, 10 xuño 1995, p.1. A recensión
iníciase cunha sucinta biografía de J. London e un resumo de cada un dos cinco relatos que compoñen
este libro. O autor comenta que algúns personaxes lembran a influencia de Marx sobre J.London, aínda que a visión do mundo que se ofrece está máis vencellada a Nietzche e Spencer: a
sobrevivencia dos máis fortes ante as leis do universo.
-Jaime Varela Sieiro, “Un relato de aventuras”, El Correo Gallego, “Edición 7”, 2 xullo 1995, p. 7. Nota
informativa na que se comentan as liñas xerais do contido dos relatos de Jack London. Insístese sobre
todo na relación entre o medio natural e o home que transita por el, para quen esa forma de vida supón
unha auténtica odisea humana. Tamén se destaca o alto nivel lingüístico da tradución.
Premio(s)  
Observacións  Publicado primeiro como The son of the wolf.
Inlcúe tamén os títulos: Love of life; The law of life; To build a fire; The white silence
Selección de cinco relatos de Jack London ambientados na península de Alaska: “Amor á vida”,
“Unha odisea nórdica”, “Lei de vida”, “Facer unha fogueira” e “O silencio branco” son os cinco
títulos que conforman este libro. En todos eles a paisaxe branca e inhóspita de Alaska convértese
na principal protagonista. Neste escenario, desenvólvense historias de buscadores de ouro, de
expedicións científicas, de correos do rei ou de homes que simplemente loitan coa soidade, coa
natureza. Ó longo dos cinco relatos, encóntranse tódolos elementos propios deste tipo de
historias: rastros, canoas, lobos, o alce branco, huskies,...
Ficheiros