Autoras/es Nome
Nome Elizabeth Cleghorn
Apelidos Gaskell
Web https://gaskellsociety.co.uk/
Email
Biografía https://gaskellsociety.co.uk/elizabeth-gaskell/ (1810-1865) naceu en Londres, filla dun pastor e xornalista. Orfa de nai, foi educada por unha tía na vila de Knutsford, en Cheshire, fonte de inspiración para ambientar moitas das súas narracións. En 1832 casou con William Gaskell, de quen tomou o apelido, establecéndose no Manchester de comezos da Revolución Industrial. Durante anos dedicouse á familia e a labores de caridade. Non comezou a súa carreira literaria ata 1845, tras a morte do seu fillo. En 1848 publicou a súa primeira novela, Mary Barton, coa que obtivo un éxito inmediato, que levou a Charles Dickens a pedirlle que colaborase nas súas revistas literarias, onde publicou Cranford por entregas entre 1851 e 1853. Converteuse así nunha das máis sonadas escritoras da época vitoriana. As súas historias supuxeron una crítica ás actitudes e convencionalismos da época, en especial ás que afectaban as mulleres, con personaxes femininos cheos de forza e de carácter.
Observacións
Listaxe Monografías
Título Xénero Lingua Ano
Cousin Phillis LIT_Narrativa_Novela Inglés (Reino Unido) - en GB 1865
Cranford LIT_Narrativa_Novela Inglés (Reino Unido) - en GB 1853
Listaxe Traducións
Título Xénero Lingua Ano