| Nome | Antonio |
|---|---|
| Apelidos | García Teijeiro |
| Web | http://agteijeiro.blogspot.com/ |
| http://garciateijeiro.blogspot.com/2009/02/la-biblioteca-personal-de-antonio.html | |
| Biografía | Antonio García Teijeiro naceu en Vigo no ano 1952. Exerce como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO nun Colexio desta cidade. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas dos xornais e revistas máis prestixiosos de Galicia así como en diversos proxectos literarios con carácter reivindicativo. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, conferencias, e ten participado en xornadas didácticas e literarias promovidas por distintas institucións. Durante oito anos dirixiu unha prestixiosa colección literaria para mozos, é autor de libros de texto e foi membro do xurado en importantes Premios literarios para rapaces. Varios dos seus libros foron incluídos nas Listas de Honra da CCEI e da revista CLIJ. Gañou o Premio Merlín en 1996 con Na fogueira dos versos, libro co que entrou na Lista de Honra do IBBY (1998) e foi finalista do premio Nacional (1997). En 1998, un xurado internacional concedeulle o Premio Europeo Pier Paolo Vergerio, promovido pola Universidade de Padua, considerado un dos máis prestixiosos galardóns literarios de Europa. No VI Simposio de Literatura Infantil e Lectura da FGSR o seu libro Versos de agua (en galego Cacarabín, Cacarabón) foi elixido entre Los 100 del Siglo XX. O seu libro de relatos Trala liña do horizonte foi elixido como libro asociado do Fórum Barcelona 2004. Gañou no ano 2006 o I Premio Illas Sisargas de Poesía erótica co seu libro Arredor do teu corpo. En 2007 gañou o Premio de poesía infantil Luna de aire convocado polo CEPLI / Universidade de Castela-A Mancha, co libro Estelas de versos, escrito en colaboración co escritor Rafael Cruz-Contarini. Así mesmo, os seus poemas figuran en múltiples antoloxías tanto en galego coma en castelán ou catalán en España e Latinoamérica. Algúns deles foron musicados por distintos grupos de Galicia e por músicos da categoría de Antón Seoane ou Paco Ibáñez. Como tradutor ao galego leva realizado diversos traballos dentro do eido literario infantil e xuvenil. Dirixiu o programa radiofónico de música e poesía Os sons do silencio. |
| Observacións |
Listaxe Monografías
| Título | Xénero | Lingua | Ano |
| Bicos na voz = Besos en la voz | LIT_Poesía_LIX | Galego - glg | 2004 |
| Contos e poemas para un mes calquera | LIT_Poesía_LIX | Galego - glg | 2006 |
| Noa | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1989 |
| Parolando coa vixencia | LIT_Poesía | Galego - glg | 1987 |
| Poemar o mar | LIT_Poesía_LIX | Galego - glg | 2016 |
| Sempre que digo palabras | LIT_Poesía_LIX | Galego - glg | |
| Trala liña do horizonte | LIT_Narrativa_Novela_LIX | Galego - glg | 2003 |
| Versos de agua | LIT_Poesía_LIX | Español - es | 1981 |
| [A] [As coisas que faz o mar] | LIT_Poesía_LIX | Galego - glg | 2019 |
Listaxe Traducións
| Título | Xénero | Lingua | Ano |
| A cidade | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1988 |
| A montaña | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1988 |
| A primavera | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1990 |
| A princesa que perdeu o seu nome | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1991 |
| A vida baixo terra | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1988 |
| A vida no aire | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1988 |
| A vida no mar | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1988 |
| A vida sobre a terra | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1988 |
| A vista | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1989 |
| Al hilo de la palabra | LIT_Poesía_LIX | Español - es | 1997 |
| Bicos na voz = Besos en la voz | LIT_Poesía_LIX | Español - es | 2004 |
| Contos e poemas para un mes calquera | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 2006 |
| Contos e poemas para un mes calquera | LIT_Narrativa_Relatos_LIX | Galego - glg | 2010 |
| Detrás del horizonte | LIT_Narrativa_Novela_LIX | Español - es | 2015 |
| O campo | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1988 |
| O gusto | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1989 |
| O inverno | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1990 |
| O mar | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1988 |
| O oído | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1989 |
| O olfato | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1989 |
| O outono | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1990 |
| O tacto | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1989 |
| O verán | LIT_Narrativa_Relato_LIX | Galego - glg | 1990 |
| ¿Onde está Wally? | NON-FIC_Divulgación_LIX | Galego - glg | 1991 |