O grupo BITRAGA elabora
dende o ano 2004 a BIBLIOTECA DA TRADUCIÓN GALEGA que contén a
referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos cara a e
dende a lingua galega; co obxectivo de proxectar a importancia
política e cultural da produción traducida.
Este
catálogo favorece o intercambio científico dos datos con todas
aquelas persoas interesadas neste ámbito de cońecemento:
tradutoras/es, editoriais, asociacións profesionais, asociacións de
escritoras/es, comunidade académica, así como calquera outra
institución, organismo público e privado.
Nesta
primeira fase, a Biblioteca da Tradución Galega recolle as
traducións literarias publicadas dende 1980 ata a actualidade. Este proxecto
está aberto ás súas suxestións ou ampliacións co fin de enriquecer
este catálogo, aínda en versión provisional.