Autoras/es Nome
Nome Xuan
Apelidos Bello
Web
Email
Biografía XUAN BELLO

Xuan Bello naceu en Paniceiros, Tineo (Asturias), en 1965. Xa na adolescencia, trasládase a vivir a Oviedo. Publica en 1982 o seu primeiro libro de poemas, Nel cuartu mariellu, escrito con só 16 anos. Dende entón, elabora unha obra literaria diversa nos campos da poesía, o ensaio, a narrativa e o xornalismo. Foi co-fundador dalgunhas revistas asturianas como Adréi, Zimbru, Brixely así como colaborador de Lletres asturianes ou Clarín. Pertence á denominada "segunda generación del Surdimientu" e é activo integrante da tertulia Óliver. Director do semanario Les Noticies ata a súa extinción, onde publicaba regularmente artigos, contos, recensións, reportaxes, actualmente colabora regularmente con xornais como El Comercio, El País (El Viajero) ou o suplemento de cultura ABCD. Dende a súa produtora de radio e televisión promove diversos proxectos culturais e literarios. Xuan Bello é, sen dúbida, un dos escritores máis relevantes en lingua asturiana e o que maior proxección logrou no ámbito estatal, acadando un éxito notable de público e crítica con libros como Historia universal de Paniceiros ou Los cuarteles de la memoria, traducidos por el mesmo ao castelán e reunidos en Paniceiros (2004).
Un chisco máis polo miúdo, a súa biobibliografía poética consta de Nel cuartu mariellu (1982), Llibru de les cenices (1988), Los nomes de la tierra (1990), El llibru vieyu (1994), Los caminos secretos (1997), e a antoloxía bilingüe asturiano-español La vida perdida (1999). Entre as obras de narrativa cóntanse La memoria del mundu (1997), Hestoria universal de Paniceiros (2002), Los
cuarteles de la memoria (2003), a compilación Paniceiros (2004) que inclúe os dous títulos anteriores, Hestoria universal de Paniceiros (2004), La cueva del olvidu (2006) e Al Dios del lugar (2007). Ademais, publicou obras como Pantasmes, mundos, laberintos (1996), unha historia apócrifa da literatura asturiana; as escolmas de artigos Ríu arriba (1998), Cómo facer L'Habana ensin salir d'Asturies (1998) e La bola infinita (2000); a edición crítica do autor Constantino Cabal L'alborá de les malvises (1999) ou unha mestura de diario e ficción titulada Meditaciones neldesiertu (2003). En La nieve y otros complementos circunstanciales (2006) publica textos de natureza diversa (contos, aforismos, crónica de viaxes...) e colabora no libro de fotografía de Mark John Ostrowski Tratantes : una especie en extinción (2006). Hai que sumar a esta listaxe as novelas máis recentes La confesión xeneral e La historia tapecida.
Na súa labor como tradutor para o asturiano hai que contar nove obras publicadas, dende o galego, o catalán, o portugués e o inglés, de autores como Castelao, Cunqueiro, Pessoa, R. L. Stevenson ou Arthur Conan Doyle.
Observacións
Listaxe Monografías
Título Xénero Lingua Ano
Hestoria universal de Paniceiros LIT_Narrativa_Novela Asturiano - ast 2004
Los nomes de la tierra LIT_Poesía Asturiano - ast 1990
Listaxe Traducións
Título Xénero Lingua Ano
Coses LIT_Narrativa_Relatos Asturiano - ast 2001
Escuela de melecineros y fábula de varia xente LIT_Narrativa_Relato Asturiano - ast 1997