Observatorio da Tradución en Galicia

  O grupo BITRAGA elabora dende o ano 2004 a BIBLIOTECA DA TRADUCIÓN GALEGA que contén a referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos cara a e dende a lingua galega; co obxectivo de proxectar a importancia política e cultural da produción traducida.

  Este catálogo favorece o intercambio científico dos datos con todas aquelas persoas interesadas neste ámbito de cońecemento: tradutoras/es, editoriais, asociacións profesionais, asociacións de escritoras/es, comunidade académica, así como calquera outra institución, organismo público e privado.

  Nesta primeira fase, a Biblioteca da Tradución Galega recolle as traducións literarias publicadas dende 1980 ata a actualidade. Este proxecto está aberto ás súas suxestións ou ampliacións co fin de enriquecer este catálogo, aínda en versión provisional.